sábado

ANDRES DO BARRO/TEÑO SAUDADE



Ritmo das ondas na praia
brilo de prata no mar,
raios de sol nos teus ollos
eu ollei no teu ollar...
unha gueivota danzaba
facendo circos no ar,
os teus pasiños na area
namoroume o teu andar...
Teño saudade, saudade teño de ti
teño saudade de ti meu ben
teño saudade de ti.
O fume dun barco vello
o ceo quería pintar
os teus cabelos voaban
fixéronme namorar,
a brisa quente da area
todo facía tremar,
no obxeto da tua escultura
quen me dera non pensar...
Teño saudade, saudade teño de ti
teño saudade de ti meu ben
teño saudade de ti...
eu para te lembro meu ben
porque… teño saudade de ti
Teño saudade, saudade teño de ti
teño saudade de ti meu ben
teño saudade de ti.
Teño saudade, saudade teño de ti
teño saudade de ti meu ben
teño saudade de ti.



No hay comentarios:

Publicar un comentario